23 ene 2012

¿VIOLENCIA DOMÉSTICA ou DISTORSIÓN DA REALIDADE?

Hai unha frase de Philip K. (escritor norteamericano) que define perfectamente como se pode manipular a realidade sabendo usar as palabras.

"A ferramenta básica para a manipulación da realidade é a manipulación das palabras. Se podes controlar o significado das palabras, podes controlar a xente que debe usar as palabras".

Esta práctica de distorsionar a realidade manipulando as palabras exércea a extremadereita hai centos de anos.

Na actualidade pódemos comprobar como elixen para as súas asociacións fascistas nomes que para nada definen os seus fins, véxase por exemplo: "Galicia Bilingue", "Manos Limpias", ou seu recente acto na visita papal, definido como "Jornada Mundial de la Juventud".

Tamén recentemente asistimos atónitos, á nova definición que fai Ana Mato, Ministra de Igualdade, sobre a violencia de xénero, ao calificala como "Violencia Doméstica". Calquera podería pensar que nos atacou o noso gato.

Neste xogo de manipular a realidade caeu o Diario de Ferrol, na súa edición de hoxe, un titular chamoume a atención "Ferrol vive unha serie de sucesos de violencia doméstica". Aínda que logo o artigo comeza deste xeito: "En los últimos tres días se han vivido en Ferrol diversos episodios de violencia doméstica y de género de diferente naturaleza y gravedad"

O primeiro dos casos citados é dunha malleira protagonizada por unha muller á súa parella, tamén muller.

O segundo caso é dun home de 26 anos, que propinou unha malleira brutal á súa irmá de 16 anos. Esta malleira foi en vinganza, pois a menor defendera a noiva do seu propio irmán, a quen este golpeara.

O último caso que cita defíneo correctamente, ao cualificalo como violencia de xénero. Un home de 39 anos, agrediu a súa ex-parella, de 41 anos.

Mesturar todo nese titular, da lugar a crear no subconsciente da xente unha DISTORSIÓN das palabras. Agás no primeiro dos casos, nos outros dous vemos claramente como o sexo "forte" somete pola forza á muller.

A violencia DE XÉNERO prodúcese de forma cíclica, acostuma a vir precedida pola imposición de opinións, control da vida da parella, celos e sentimentos de posesión, e outra serie de agresións non físicas, pero si psicolóxicas. Crendo o agresor que a súa conduta é lexítima.

A segunda fase é donde atopamos a violencia física.

E a terceira fase, e de arrepentimento por parte do agresor, pero tentando convencer a muller de que ela ten culpa de que esto acontecera. En moitos casos, a muller chega a sentir vergoña de si mesma, e a pensar que pode ser a culpable do que acontece, algo parecido ao Síndrome de Estocolmo

O ciclo SEMPRE SE REPITE, ata que.... acontece o que acontece...

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

3 comentarios:

Anónimo dijo...

non entendo, noutras ocasións o responsable deste blog ten recoñido tal cual, foto incluída e reportaxe fusilado, noticias provintes de dito rotativo. Incoherencia, conveniencia, capricho, amnesia?

Pepe das Croas

Non acabo de entender este discutible costume de exercer a censura previa para poder exercer o "lexítimo" da liberdade de expresión nun blog público. En fin, será cousa dos tempos.

Susete70 dijo...

Pois será porque diarios impresos so temos dous na comarca, por desgraza, e de ter que elexir decantome por iste antes que a COZ, se non teño foto é raro que use unha que non sexa miña, agás fai uns días que usei unha para atacar aos farsantes e a incoherencia de eQuo, ao final vou pensar co que me anda tocar o caralho é o representante desta merdo-formación política en Ferrol, seguro que non vou moi desencamiñado.

E eu,coma editor deste bloge persoal fago e desfago o meu antoxo, so faltaría.

Vexo que che gosta moito deixar por acá tua pegada, se non che vai, a incoherencia é pola tua banda.

E cando neste blog existíu censura, foi cando un anónimo bocas coma ti, amparandose nese anonimato acusou públicamente a alguen de algo ou faltou a algunha persoa, polo cal deduzo que eres o boca-chancla que insulta e difama.

Ala meu na rúa me tes para cando teñas o que hai que ter para dar a jeta, que tes moita.

pese a todo saúde

Anónimo dijo...

Suso, seguro que é o Mel, que anda moi aburrido hahaha..

X.F.