15 may 2012

III Acción de Solidariedade polo despedimento dun traballador de Mercadona

HOXE ÁS 19:00 h. Concentración de Denuncia e Protesta, fronte ao Hipermercado de Mercadona na Gándara:

"Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga e da Liberdade Sindical".


Esta vai ser a terceira mobilización pola readmisión de Alberto fronte a Mercadona.

A empresa ofreceulle a Alberto unha indemnización de 15.000 €, se aceptaba o seu despedimento, case 10.000€ máis do que lle correspondería por un despido improcedente, mais o compañeiro, segue manifestando que o seu despedimento é un atentado contra a liberdade sindical, polo que se mantén firme en que só aceptará a readmisión.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: