15 may 2012

III Acción de Solidariedade polo despedimento dun traballador de Mercadona

Na xornada de hoxe, e convocados polo comité de empresa de CC.OO de Mercadona, o hipermercado que ten na Gándara foi "tomado" por terceira vez e de forma pacifica polos representantes das forzas sindicais e algunhas formacións políticas da cidade. A esta xornada sumáronse @s compañeir@s da CIG, CNT, EU, USTG, UXT.

Meus parabéns a tod@s

Fai uns días denunciei o que me aconteceu na protesta do sábado en Mercadona

Desta volta, máis do mesmo, dispúxenme a quitar fotos no interior e o encargado (Pedrito) agarroume a cámara e baixouna de forma brusca, decéndome "No te quiero quitando fotos aquí". Lle dixen que como volvera tocar a cámara ía "sufrir un accidente" cousa que lle repetín diante dos axentes da Policía Nacional, facéndolle constar a este individuo diante deles, que si alguén me ten que reprender é a policía, que cada un de nós está exercendo un "papel", eu difundo, os axentes controlando, e el que atenda ao seu traballo de "Mamporeiro" de Mercadona, e o rapaz que non se quede coa primeira definición, que di do Mamporreiro: Que é quen axuda na reprodución dos animais domésticos, especialmente os cabalos, guiando o pene do semental á vaxina da egua
Que se aplique a segunda que di; Que é quen axuda nunha tarefa física o moralmente repugnante.

A este encargado o acusan de suposta persecución do traballador posteriormente despedido. Motivo polo cal recibiu gritos e abucheos constantes, un dos cánticos máis coreado foi o de "Pedrito dimisión" en alusión ao seu nome.

Motivo polo que Pedrito perdeu os nervios e quixo asumir un papel que non lle correspondía, de agresor e de policía, tal como soe facer un bo "Mamporreiro", pero neste caso Pedrito non pensou en Mercadona, pensou nel, e aí me fallaches Pedrito.



A empresa ofreceulle a Alberto unha indemnización de 15.000 €, se aceptaba o seu despedimento, case 10.000 € máis do que lle correspondería por un despido improcedente, mais o compañeiro, segue manifestando que o seu despedimento é un atentado contra a liberdade sindical, polo que se mantén firme en que só aceptará a readmisión.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: