Hai que incidir que esta nena de 8 anos, padece unha enfermidade moi grave, está enferma dun ril, e require dun tratamento médico que os seus pais a duras penas poden custear. A parella na actualidade percibe de servizos sociais a mísera cantidade duns 180 euros, o que lles imposibilita facer fronte a calquera pagamento.
Espero contar mañá coa solidariedade d@s cidadáns de Ferrol para poñer fin a esta barbarie, e instar ao desgoberno municipal do Sr Rey Varela que poña en funcionamento un parque de vivendas sociais para poder paliar este tipo de casos, recordemos que actualmente o Concello ten en propiedade varias vivendas vacías no barrio de Recimíl.
A dirección desta familia é na Rúa do Choupo n.º 4, 1 ºD (vivendas sindicais de San Pablo-Catabois)
Convoca a Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
Wikio

No hay comentarios:
Publicar un comentario