13 nov 2012

"130 IL€GAL"

Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 130 gaseiro, cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA súa 130 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros na nosa ría.

Así como reclama que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, esta sentenza é inapelable.

CONCENTRACIÓN, mañá mércores 14 de novembro, ás 19:00 hs. Diante do Edificio da Xunta de Galicia, Praza Amada García – Ferrol

Características do buque: Nome.- LNG Bayelsa, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 288 m, Manga.- 48.2 m, Calado.- 12.3 m, Puntal.- 62.78 m.

 ¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: