12 nov 2012

"Culebra Social" en apoio á Folga Xeral e Xornada de Loita europea do 14N

A culebra, facer unha culebra, saír en culebra... Chámase así nos estaleiros, cando @s traballadores/as van por todos os talleres da factoría chamando ás compañeiras e compañeiros a unha asemblea, a un paro ou folga..

A culebra social a conformariamos as persoas que queiramos ir de praza en praza, coma se foran talleres, por toda a cidade coma se fora a factoría, chamando ás compañeiras e compañeiros a debater, falar, escoitar en asembleas abertas e participar na Folga Xeral.

A cita é o martes, 13 de novembro, ás 9:00 da mañá na Praza de Armas - Ferrol.

-Abrimos unha asemblea onde eleximos a unha voluntaria e un voluntario para moderar os debates, coller as palabras e mirar que nos dé tempo a chegar á seguinte praza.

-Saímos en culebra con música, repartindo panfletos, e todo o que se nos ocurra para chamar a atención, carteis,..

Taller nº1
Ás 9'30 da mañá, Asemblea aberta na Praza do Himno Galego en Esteiro.

Taller nº2
Ás 10'30 da mañá, Asemblea aberta diante do Mercado Municipal de Caranza. (Repoñer forzas con bocatas, café..)

Taller nº3
Ás 12'00 do mediodía, Asemblea aberta na Praza de Porta Nova no Inferniño.

Taller nº4
Ás 13'00 do mediodía, Asemblea aberta na Praza Amada García diante edificio da Xunta - Remate da culebra

Convoca:
Asemblea do Movemento Social en apoio da Folga Xeral do 14N http://ferrolterra-folgaxeral.blogspot.com.es/

Contacto: 
Telefono - 605455340 (André)
Correo-e - andremartinezces@gmail.com

 Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: