13 nov 2012

Resumo "Culebra Social" informativa sobre á Folga Xeral

"Culebra" é o nome que se lle da no interior dos estaleiros, cando @s traballadores/as van polos talleres da factoría chamando ás compañeir@s a unha asemblea, paro ou folga.

Deste xeito, decidiuse nunha asemblea cidadán, facer esta "Culebra Social" informativa e de debate, a mesma percorreu de praza en praza facendo un chamamento a participar na Folga Xeral de mañá día 14.

O punto de saída foi a Praza de Armas, de onde partiron unha vintena de compañeir@s, segundo ían parando nas distintas prazas sumábanse máis cidadáns á mesma. A "Culebra Social" fixo paradas a Praza do Himno Galego, Mercado Municipal de Caranza, Praza de Porta Nova, e rematou na Praza Amada García.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: