14 nov 2012

MAIORÍA ABSOLUTA!!

A xornada en Ferrol transcorreu sen altercados, a excepción dun pequeno rozamento producido na porta traseira do Concello, unha señora á que se lle permitiu entrar ao seu posto de traballo, deu volta, asomou o puño por detrás da porta, e proferiu un golpe a un dos piquetes alí concentrados. A pesar de pedir á policía municipal que procedese á súa identificación para poder prestar a oportuna denuncia, estes fixeron caso omiso. (Nesta foto vese a unha traballadora do concello insultando aos alí congregad@s). 

Un artefacto facía explosión sobre as 3:30 da mañá no caixeiro automático de NovaCaixaGalicia, na rúa Alcalde Usero, quedando totalmente destruido  Outro caixeiro, neste caso do BBVA, da Praza do Callao sufría uns danos de escasa consideración.

A manifestación pódese dicir sen temor a equivocarnos, que é a máis grande levada a cabo en Ferrol en toda a súa historia, segundo os sindicatos unhas 100.000 persoas, a policía local rebaixa a cifra a 42.000, e é unha incongruencia, ou unha manipulación, pois a última gran movilización, a do 20 de xulio do 2012, na que participou o sindicato de policia a cifraron en 40.000, e esta foi como minimo dun 50% máis .

Os sindicatos pediran permiso para baixar pola Rúa María, pero a policía local tiña ordenes de que non fose así , pois nesta rúa se encontra a sede do P€P€, que estaba totalmente acordoada de policía nacional. Obrigaron a baixar pola rúa Real, cando esta chegou á altura da Praza de Armas moita xente decidiu entrar a coller sitio, cando a cabeza da Manifestación rematou o seu percorrido, e dirixiuse a Praza, serían as 12:30, e encontrouse con que case era imposible entrar nesta, estaba totalmente abarrotada. Ás 14:00, momento no que soaba o himno galego, e dabase por finalizada a manifestación, pola rúa Galiano aínda baixaban moitos manifestantes que pretendían chegar á Praza.




Hai que felicitar ao PEQUENO, PERO GRAN COMERCIO de Ferrol, pola solidariedade amosada na xornada de folga, pois pese a ter verdadeiros problemas,  foron quen de estar a altura das circunstancias. 

Caída a noite, algúns comercios de Ferrol, os menos, decidiron abrir as súas portas, este é un pequeno resumo visual de negocios que nas folgas acaban abrindo (Grazas ao compañeiro Pedro pola cesión deste material)




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: