8 oct 2013

Os "Habitantes da Terra Media"

Quen son o Colectivo Ártabra 21?..., o mal chamado colectivo confórmano unha decena de persoas, uns con máis e outros con menos actividade social. Pero o xestor deste blogue é unha soa persoa, que pola súa conta e risco (gústalle o perigo) adicase a ensuciar o labor dos colectivos cidadáns, sindicais, e políticos de esquerda.



Imos aos feitos:

Hai pouco o xestor de Ártabra 21, publicou un articulo na revista dunha Asociación Cultural, baixo o titulo:

“A loita por unha vivenda digna e adecuada, aquí e hoxe”

Metendo a gamba deste xeito no seu primeiro parágrafo

Na Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, abordamos no seu día un caso significativo dunha moza e un mozo, sen recursos económicos, cunha filla pequena. Despois de “solucionado” o seu desafiuzamento nas vivendas sindicais, ao pouco sumouse-lles outro problema. O mozo, ou pagaba unha multa de 1.080 euros, ou entraba en prisión para cumprir 6 meses. O mozo era usuario de Lazos Pro Solidariedade, e estaba nun programa de inclusión sociolaboral, admitido nun curso de capacitación profesional a punto de comezar. Á prisión por pobre!, cando estaba a punto de resolver, temporalmente, algúns dos seus problemas. Non podiamos permitir tal inxustiza, polo que desde a Rede, decidimos impedir que entrara en prisión. Entre as achegas da familia máis próxima e o préstamo do “Peto Solidario”, conseguimos pagar a multa......

O que este señor non conta, é que as persoas que asistimos ás reunións para decidir se axudar a esta persoa, acordamos por unanimidade non facer publico nunca o acontecido, entre eles/as estaban tamén membros da Asociación que logo fai publico este merdo-artigo. O grave xa non é que conte a anecdota, vai máis alá, pois cos datos que aporta calquera que busque en internet a noticia do desafiuzamento en San Pablo, poderá ver a identidade da persoa á cal libramos dunha condea.

Esta persoa, que vai de asemblearia, en ningún intre comunica aos seus compañeiros que vai escribir esta merda, e para cubrirse faino baixo o pseudónimo de "Xan do Couto".

O que demostra que é un covarde, covardía que deixa de novo patente nunha das súas últimas merdas escritas en Ártabra21, baixo o titulo:

"Mala gente que caminha e vai apestando à terra"

Referíndose no mesmo a compañeir@s que "petaron na mesa" e decidiron deixar de participar no "Desencontro Social", a maioría deles/as acusándoo a el e a outros de tutelar e manipular este.

Estes/as compañeir@s sufriron dende ese intre todo tipo de ataques persoais por parte deste señor, e por parte dos "Habitantes da Terra Media", eses que queren estar en todo polo simple feito de aparecer na foto e erixirse como voceiros de afectados.

A penúltima machada publicada neste blogue faina cando realiza o chamamento para paralizar o desafiuzamento de Cabanas, no cal permítese facer estas afirmacións:

"Este desafiuzamento é consecuencia dunha situación de VIOLENCIA MACHISTA"

"O ex-marido, esta procesado por violencia de xénero, a espera de xuízo"

Sandra necesita a axuda, a protección e o apoio que a maquinaria xudicial non lle facilita, frente ao seu agresor, e para parar un lanzamento inxusto.

Onde aparece a palabra "SUPOSTO"?

No chamamento garda en todo momento a privacidade de datos de Sandra, a suposta afectada, pero non se corta un pelo cando envorca o resto de información, dando o nome, apelidos, e profesión do suposto maltratador, o mesmo que fai cando fala da persoa que mercou legalmente esta vivenda, chegando a dicir o negocio que rexenta.

Agora fáiseme chegar este correo dende acosadosenferrol@gmail.com

Ante as novas aparecidas nos medios de comunicación sobre un caso de desafiuzamento e violencia machista reiterada, non se debe permitir que os convocantes “Rede de Apoio Mútuo”, “Stop-Desafiuzamentos” e “Foro Social” todos eles de “Ferrol-terra”, acosen impunemente, faltando a verdade e manipulando a información, polo seu irresponsable e perverso interese "político" e o dos que lles serven sen vergoña:

1º Sobre a demanda por venda fraudulenta do chalé de Cabanas,á que fan referencia os colectivos, existe unha sentenza que da toda a razón a Jorge Salgado (ex-marido e suposto acosador) e condenan en custas Sandra e a súa irmá. Sentencia 131/2013 do Xulgado de 1ª Instancia de Ferrol.

2º É certo que Sandra, hai case 3 anos, denunciou a Jorge, por feitos que el defende que son totalmente falsos e polos que a xuíz non tomou ningún tipo de medidas, estándo pendentes de ser xulgados. A presunción de inocencia aínda existe neste país.

3º O Xuíz designou como domicilio familiar outra vivenda de Pontedeume (propiedade de Jorge) e autorizou a vender o chalé de Cabanas, coa intención de que este puidese facer fronte á pensión alimenticia do seu fillo. Antes de vender a casa, Jorge estaba obrigado a pagar a hipoteca da casa e a pensión alimenticia. Ela ten unha vivenda e non queda na rúa.

4º En todo este tempo, nin Jorge, nin o seu ámbito foron condenados polas denuncias de Sandra. Ningunha, nunca, nin unha soa vez. Eles saíron sempre absolvidos, pola contra... Sandra FOI CONDEADA entre outras por: - INCUMPRIMENTO DE OBRIGAS FAMILIARES. Sentenza 00439/2013 da sección 2 da Audiencia Provincial Da coruña) - AMEAZAS E VEXACIÓNS a xente do ámbito de Jorge. Sentenza 317/12 Xulgado de Instrución 1 da Coruña. - Impúxoselle unha ORDE DE AFASTAMENTO por 6 meses, onde se lle impedía achegarse a Jorge, e a varias persoas do seu ámbito. Xulgado de Instrución n.º 2 de Ferrol. 

5º Ademais, debe saberse que Sandra e a súa nai, (antes de casarse con Jorge) tiñan unha empresa financeira:CREDI LUGO S.L. que se dedicaba a "prestar diñeiro" á xente desesperada por non poder facer fronte aos pagamentos das súas hipotecas.

6º O concelleiro XXX (OMITO O NOME) ten inimizade persoal e política, pública e manifesta (nos xulgados), contra Jorge e o seu irmán.

Quedamos a espera das rectificacións públicas pertinentes

Pois vou ter que darlle a razón ao xestor de Ártabra 21, hai "Mala gente que caminha e vai apestando à terra" pero estes son eles, os "Habitantes da Terra Media" (Terra deles, que por onde pisan non volve saír a herba)

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

9 comentarios:

Susete70 dijo...

Invito ao aludido, e os habitantes da terra media a replicarme. Os comentarios que fagan serán publicados sin censura, iso si, cada un deles terá unha replica, na que contarei máis acontecementos sucedidos nesta longa andaina. E sei que non terán o que hai que ter para facer tal...

Anónimo dijo...

Como é posible que non se teña producido resposta ningunha, nin rectificación?.

elena casal mera dijo...

Así son estes habitantes, intentan destruir os proxectos e a xente ke eles non poden manipular,fan unha OMERTÁ cruel e furibunda contra ós ke lles plantamos cara, nos acosan persoal e socialmente....e o resto, ke tamén o vé e se lamenta delo en privado, en público calan. E esta a eskerda de Ferrolterra?, Mágoa!!!

Anónimo dijo...

Así son estes Habitantes:censuran, degradan persoal e socialmente a xente ke lles planta cara, destruen os proxectos ke non poden manipular,é o mais triste, ós ke son conscientes disto e se lamentan en privado, en público calan e lles fan a ola!Mágoa da Eskerda en Ferrolterra!!Por un puñadiño de votos! A ke precio!!
unha dagnificada por eles, con nome e apelidos. Elena Casal Mera.

Anónimo dijo...

Na páxina de Artabra21 que está secuestrada, co cosentimento dos que conforman este colectivo, pola persoa que administra o blog.
No día de onte enviose un comentario para que se rectificase o publicado sobre o lanzamento en Cabanas.
Por suposto nin se rectificou a información, nin se publicou o comentario
Así actua o censor: Mala xente que vai apestando a terra

Anónimo dijo...

Son os DOMINATRIX: fuco-ces Party.Controlan-saen nas fotos todas, violencia de xenero,mentiras, sanidade, desafiuzamentos,tanque de tormentas,plataxuntas, desahucios en recimil,entrega de vivendas en recimil,folgas de fame,conspiracions politicas-non todos llo permiten-xornadas,ameazas,comites,
eventos,vexacions e agasallos.VALE TUDO.que a terra vos sexa leve.

Anónimo dijo...

Você está certo, anônimo, 're cantando miserere merece, como eles tiveram durante anos, e nunca re-terra Ferrol

Anónimo dijo...

Agora Xan do Couto, alías Inácio Jesús Oreo, dedícase a dar voz a outras plataformas de Stop Desafiuzamentos de Galicia co fin de que estes os lexitimen, pois en Ferrol perderon toda credibilidade ao querer manipular e ir de voceiros dos afectados. Ten a faciana tan dura que defínese nos correos como xefe de comunicación dos afectados.Tamén dá voz á asociación Ve la Luz, que cobra taxas de 10 euros a asociados, tal como fai a asociación con ánimo de lucro Fuco-Lalán.

Parabéns polo publicado Susete, abaixo a Cés-Party.

Marcos

Anónimo dijo...

Imos falar clariño, estamos deixando sóas as poucas persoas que están a denunciar a estes manipuladores,a bó fe, co grave risco persoal.Todos ós que o sabemos e falamos,muitos,somos conscientes.Susete, Elena,Marcos, Carlos, AVV esteiro.....non están a nosa altura.As organizacións políticas e sindicais somos cobardes,lles gardamos as costas ós manipuladores,acudimos ós seus actos circenses,afastamos e calamos os seus erros,as veces tapamos,Cabanas,parque pablo iglesias,recimil,desafiuzamentos,tenda de troco armeria,a maioría destes de xulgado.Non entende-se o medo hacia eles de EU e a sua marca branca Espazo-eco...
X.Manel.