8 may 2014

Marcha do Naval esixindo o traballo prometido, e pedindo a construcción do dique flotante.

Os traballadores/as do naval de Ferrol botáronse de novo á rúa, esta vez tratouse dunha marcha ata o edificio administrativo de Facenda, situado no barrio das Telleiras, este permanecía fortemente custodiado por varios furgóns dos antidisturvios.

A marcha transcorreu coa habitual rutina e normalidade que adoita caracterizar estas protestas. Unha vez na sede de Facenda, varios traballadores fixeron unha maqueta en metal dun buque, que deixaron na mediana da estrada  de acceso a Caranza, como símbolo de reclamo de carga de traballo para o sector.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

2 comentarios:

XANA dijo...

ADIANTE A LOITA DA CLASE OBREIRA !!

Anónimo dijo...

Hai que seguir mobilizándondse, de xeito unitario, contra o Partido Podre