25 ago 2014

MAÑÁ MARTES CONCENTRACIÓN EN REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MÓNICA LORENZO

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MÓNICA LORENZO en Barro (Pontevedra) 

Mónica foi asasinada este mércores. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Mónica e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo. 

MAÑÁ MARTES 26 DE AGOSTO ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres

mmmferrolterra@gmail.com

www.feminismo.info

https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza

twitter.com/MMMGaliza

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

1 comentario:

Unknown dijo...

la libertad de decisión de estar o no con una persona no dá derecho a nadie de privarla de vida.
Basta ya!