8 oct 2014

Unha "Marea" de Tiburóns e Pirañas

O pasado xoves, día 2 de outubro, celebrouse no Carvalho Calero a I Asemblea aberta da iniciativa electoral "Marea Ártabra", conformada por; Anova, Esquerda Unida, Espazo EcoSocialista, e eQuo.

Nesta explicouse o carácter aberto e horizontal que pretendía ser a "Marea", para logo dar quenda de palabra aos asistentes, e posterior conformación dun "Grupo Motor" e outros grupos de traballo.

"Estanque cheo de tiburóns"

Das intervencións vou rescatar unha parte da lúcida e valente visión do compañeiro Francisco M. que veu a dicir que xa ía canso de tantas e tantas asembleas que non dan lugar a nada, que botaba en falta a ausencia de moitas persoas, e que parecíalle estar vendo un "Estanque cheo de tiburóns" esperando coller cacho.


"Tiburóns e Pirañas"


Está claro que os cidadáns esiximos unha clase política que se rexa por uns parámetros éticos, e asuma responsabilidades políticas, e non soamente cando se destapa un escándalo. Demandamos uns políticos sen "antecedentes" nin "merda", e en "Marea Ártabra" (como no resto de forzas políticas) actualmente isto non se produce.

Desta Asemblea boto en falta a creación dun grupo de traballo, o de "Garantía Ética", indispensable para evitar que persoas indesexables e de dubidosa reputación se coen pola porta de atrás.

Á parte dos "tiburóns" de sempre, tamén había algunha "piraña" no estanque. Entre eles o suposto "crítico" de Anova, César Manso, que muda a súa opinión en contra da "Marea", e se involucra de pleno neste proxecto participando nos grupos de traballo.

Era conveniente saber quen é este individuo, e non vou ser eu quen o descubra. Moitos sabedes máis ca min das súas "manobras" xunto con Ignacio Caselas, presidente da Asociación de Veciños O Pilar de Recimil.

Ou da súa "Asociación de Veciños Fantasma, Pedro Padrón", da cal é presidente e posiblemente único socio. (Aínda que el dicía que eran unha vintena).

Tamén é de autentico chiste o seu paso polo Concello de Valdoviño, como concelleiro do BNG.

Á parte disto, e máis merda que se pode contar sobre os "antecedentes" políticos do Sr César Manso, pésame algo persoal contra el. Os meus veciños de comunidade e eu fomos enganados polo seu mal facer profesional por medio da xestoría na que traballa, e metidos nun conflito que nos custou moito diñeiro.

Aínda así, vou apostar pola "Marea Ártabra" e as xeracións novas; Miguel Castro, Jorge Suárez, Álvaro Montes,  Sainza Ruíz, Adrián, Anxo, etc...

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

29 comentarios:

Anónimo dijo...

Se aínda asi vas apostar por eles despois non te laies do resultado. Boa sorte.

Susete70 dijo...

Apostarei cun voto. Nin traballo, nin vou traballar para ningunha forza política.

Pero non quero indesexables nin corruptos en ningunha formación de esquerdas. ;)

saúde

Anónimo dijo...

¿pero las mareas no eran ciudadanos líberos de adscripciones a partidos?

Anónimo dijo...

Los nuevos son de izquierda unida y sus jefes son los mismos de antes de la marea,que se diga y no se tape,la marea ártabra es izquierda unida y algunos mas indeseables.

Anónimo dijo...

As cartas boca arriba,teñen dereito a presentar una candidatura,sen engañar,Marea ártabra son esquerda unida e a familia que lle rodea,os ces, os fucos os espazos,dubido moito que teñan votos con estes mimbres.

Anónimo dijo...

Moito me doe que o meu partido se alie con corruptos e indesexables por conquerir uns poucos votos e faga piras dos militantes de toda a vida do PCG.

Anónimo dijo...

Moi certo a MAREA ARTABRA É UN DESLEIXO da deputada en primeiro lugar e do coordinador de Ferrol en segundo.Non confiades en nós,os que sempre estivemos ahí,nos éxitos e nos fracasos.Poñendo a nosa cara por vós.Nos traizoades por un puñado de votos supostos,non reales.Que vós vaia bonito.

Anónimo dijo...

A Marea Artabra xestionada polos partidos politícos, que mágoa.

Anónimo dijo...

Os tiburóns e as pirañas,¿non os podemos afogar nos seus vómitos?

Anónimo dijo...

PENSAMOS QUE PODEMOS FACER ALGO QUE NON TEÑA QUE VER CON ESTES NA NOSA CIDADE OU VILA DE FERROLTERRA

Anónimo dijo...

So hai un xeito de desprazar ao Partido Podre dos distintos gobernos e ese xeito é formando unha grande fronte de esquerdas onde teña cabida todo o mundo que acepte os principios programáticos.
Outra cousa distinta é que a lista para o Concello a conformen os de sempre, os do pasado, e presente, con lixo ou os que sempre andan de directores da banda ou os que aspiran ter ou a volver a ter un salario do Concello.

A única maneira de derrotar ao Partido Podre e formando unha Marea que os afogue

Susete70 dijo...

Non sei a que ven o comentario que nomea os: "Fuco - Cés" penso que non pintan nada, e non entendo como sigues dandolle pábulo a isto. Para min "morreu o conto".

E que ninguén se pense que obedezo a ningún "mandato", vou seguir dicindo o que penso libremente, CQC.

Gostariame cos que sabedes dos "antecedentes" do Sr. César Manso tivesedes a coraxe de decilo.

saúde

Anónimo dijo...

Centrar o debate en un ninguén como Cesar Manso, que non é máis que un monicreque ao que outro lle move os fíos, é estarlle facendo publicidade gratuíta e eu non estou polo labor.

Susete70 dijo...

Anónimo, do mesmo xeito que baixo o anonimato insinúas que Manso é unha marioneta, debías ser un pouco máis valente e dar o nome da persoa, que segundo ti, move os fíos. Non cres?

Saúde

Ex-activista cansado de ellos dijo...

Susete hay más que se apuntaron para coger cacho:) Los expulsados: Mel y Pablo Portero/ los fucolistos, Lalán y Pillado/ los acólitos de Caselas, Chema y Carrodeaguas/ la banda de gaitas, Inácio y Lupe/ Isasi/ y alguno más.

Anónimo dijo...

Como ves os Fucos e os Cés seguen non morreu o conto.e teñen acólitos dispostos a irem nas listas da Marea con eles.non estaba eu despistado.

Susete70 dijo...

jaja.. é darlle caña a Manso e iste vese na necesidade de sacar de novo á luz a súa Asociación pantasma http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/pedro-padron-plantea-cambios-ore-crear-plazas-libres-y-dar-mas-residentes/20141009223534103202.html

Anónimo dijo...

Obrigado a todos e todas pola preocupación polos que mais sofren na nosa cidade. E por estar ahí
sempre loitanto por axudar a
mellorar o noso entorno.

Apertas

Alexandre carrodeguas

Anónimo dijo...

Ghazafello:Recibes algo dos 50 euros do imposto revolucionario de Caselas?..


Vai traballar dunha vez, parasito¡.

Como te atreves definirte como ACTIVISTA SOCIAL?

Anónimo dijo...

Moitas apertas compañeiro e animo na loita que falta nos vai facer,
Nestes tempos duros que nos esperan.
Onde a xente sufre e non albisca perepectivas de futuro. Animo a
todos compañeiros e compañeiras.
E Gracias por pensar sempre nos demais.

Moitas apertas e forza

Alexandre Carrodeguas

Anónimo dijo...

Falando de loita ó menos axeitado
falando de anonimatos ós submariños de esquerda unida na ANOVA
o falar non ten cancelas
os trepas se reproducen nonsi?
precisan moita forza os consecuentes non e o voso caso non é?

Xan Pericán.

Anónimo dijo...

ACTA 1 - 6 DE OUTUBRO DE 2014
1ª REUNIÓN COMISIÓN PROVISIONAL MAREA ÁRTABRA




Reunidos/as no Ateneo Ferrolán ás 20h. do día 6 de outubro de 2014:

Paula Meizoso Pérez, Helga Méndez García, María Isasi Varela, Francisco Lugrís Pita, Alvaro Montes Celeiro, Fernando Ramos Armesto, César Manso Platas, Jorge Suárez Fernández, trátase a seguinte orde do día:

1- Información sobre a Asemblea da Marea de Coruña.
2- Organización da Comisión Provisional en Ferrol.
3- Convocatoria da 2ª Asemblea en Ferrol.
4- Reflexión sobre a posible creación de partido para presentarse ás vindeiras eleccións municipais.
5- Outras propostas.


1. Información sobre a Asemblea da Marea de Coruña.

Infórmanos o compañeiro Álvaro Montes que asistiu á Marea en Coruña:


· Lánzanse preguntas para futuras Asembleas:
§ Como se efectúa a renovación de cargos?
§ Cabe a posibilidade de presentarse a Primarias? E de presentarse: Como partido? Como agrupación de partidos?


2. Organización da Comisión Provisional en Ferrol.

Apróbase a seguinte organización, a proposta do compañeiro Jorge Suárez:

- Grupo de Extensión (3 persoas). Funcións: facer medrar a Marea; crear calendarios de actuacións (cronogramas); convocar Asembleas de Barrio(neste punto indícase que se fará unha comunicación previa ao Barrio, non unha reunión previa).
- Grupo de Comunicación (3 persoas). Funcións: Comunicación interna (entre afíns á Marea, convocatorias Asemblea, mail, etc.), e externa (medios comunicación, notas prensa, etc.). Refírese principalmente á comunicación escrita.
- Grupo de Voceiros (3 persoas). Comunicación cara ao público (roldas de prensa, etc.)
- Grupo de Redes Sociais (2 persoas). Manter as distintas informacións sobre a Marea actualizadas nas Redes Sociais: Facebook, Twitter, Blog, etc.

Asignación aos grupos da Comisión:

- Extensión: César Manso, María Isasi, Fernando Ramos.
- Comunicación: Jorge Suárez, Paula Meizoso.
- Voceiros: Helga Méndez, Álvaro Montes. Proponse a Miguel Castro como terceiro Voceiro, á espera da súa resposta.
- Redes Sociais: Dulce Anca e Francisco Lugrís.

· En espera a asignación da compañeira Esther Leira, que non puido asistir a esta primeira reunión.


3- Convocatoria da 2ª Asemblea Marea Ártabra en Ferrol.

16 de outubro, ás 20h, no Centro Cultural Carvalho Calero (Praza do Inferniño).


4- Reflexión sobre a posible creación de partido para presentarse ás vindeiras eleccións municipais.

Tema posposto para a orde do día da 2ª Reunión da Comisión Provisional.


5- Outras propostas.

- Fálase sobre a idea do compañeiro César Manso de comunicar á cidadanía que reflexione e redacte “10 ideas para mellorar a túa cidade”. Coméntase a posibilidade de realizar esta proposta por barrios e por sectores.
- Necesidade de crear un posto á entrada de cada Asemblea da Marea con dúas funcións principais: recoller datos de contacto das xentes afíns á Marea; repartir papeis en branco co obxectivo de recoller propostas, dúbidas, preguntas, dos asistentes á Asemblea.
- Necesidade de organizar ás Asembleas da Marea cunha orde do día específica, para evitar que se alonguen en exceso: falar principalmente dos temas propostos na orde e tentar chegar a conclusións concretas sobre eses temas.
- Convócase a 2ª Reunión da Comisión Provisional para o vindeiro luns 13 de outubro, ás 20h, no Ateneo Ferrolán.

Orde do día 2ª Reunión Comisión Provisional:
1- Reflexión sobre a posible creación de partido para presentarse ás vindeiras eleccións municipais.
2- Elaborar a Orde do día da Asemblea da Marea do día 16 de outubro.
3- Proposta de cronograma do Grupo de Extensión.

Péchase esta 1ª Reunión da Comisión Provisional ás 21.45h.

Sem palabras. Esquerdaunida legal, Esquerdaunida agochada , catro volantes e dois ausentes.
Pregunta capciosa 1.¿Porque non se apresentam cá sua marca AGE?
Pregunta capciosa 2.¿ ? libre.
Anonimo anonimo anonimo coma vós, nonsi?

Non se aprende por que non se quere dijo...

Hai dous días, había que facer un frente amplio para agochar a EU, e agora EU agochase detrás dunha copia falsa da marca dos movementos sociais para non compartir o proxecto con ninguén. Autismo?. Quédame a dúbida de se votarei a unha candidatura cidadá ou a un partido que mude as formas de facer política, mas nunca a esta mascarada montada por os inseguros xestores dun partido que agochan ben a sua cara porque non se votarían nin a si mesmos.

Anónimo dijo...

Xa entran os do BNG a intoxicar este blog

Canis Lupus dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Difamando dende o anonimato. Esa é a clase de xente que necesitamos para que nos represente.Está claro que a corrupción ten moitas caras.

Anónimo dijo...

Unha cousa é opinar e outra difamar, penso que Susete debería eliminar o comentario de Cannis Lupus

Anónimo dijo...

A difamación é unha conduta de connotación penal.Hai un comentario, baixo o anonimato, que constitúe sen ningunha dúbida a difamación de certas persoas.

Anónimo dijo...

Difamatorio e machista.