21 sept 2014

Como o fascismo quere librarse do "molesto" secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos.

A Fiscalía pide para o secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos, dous anos e nove meses de prisión, polos feitos acaecidos o 4 de outubro do 2012, no acto de presentación do P€P€ de inicio de campaña electoral das autonómicas, celebrado no hotel Almirante. 



A convocatoria que deu lugar os altercados foi feita
por parte dos comités de empresa de Navantia e Poligal, no chamamento deranse cita unhas 400 persoas, entre as que se distinguían; traballadores do Naval, Poligal, desempregados, funcionarios, etc. En ningún caso foi a CIG o convocante. 

Segundo o informe que manexa a Fiscalía; Xesús Anxo López Pintos "abalanzouse" sobre un axente da Policía suxeitándoo pola camisa cunha man e coa outra golpeoulle o casco e intentoullo sacar".

Cando foi todo o contrario, o agredido foi o compañeiro Pintos, polo simple feito de ser quen era. Esta agresión e a posterior detención, tivo lugar na Rúa Lugo. Supostamente estos malos tratos continuaron no cuartelillo da policía nacional, da Avda de Vigo, segundo recolle a denuncia que presentou o líder sindical.


Antes de aceptar a tramite esta denuncia, a Fiscalía debía contar coa declaración das testemuñas imparciais que ese día presenciaron os feitos, fotógrafos, periodistas, empregad@s do hotel, etc. e non fiarse dunha denuncia sen fundamento feita cunha clara e dobre finalidade; amedrentar ás futuras e máis que probables confrontacións sociais, as cales sen lugar a dúbidas terían por obxectivo ao actual DESgoberno, e xa de paso quitarse do medio o "molesto" líder sindical.

A Fiscalía chamará a declarar a; José Manuel Rey Varela, Diego Calvo, Miguel Tellado e Hipólito Fariñas, así como os axentes implicados. NON ENTENDO A DECLARACIÓN QUE PODEN FACER ESTAS PERSOAS DO P€P€, POIS NINGÚN DELES ESTABA PRESENTE NOS FEITOS QUE QUEREN IMPUTARLLE A PINTOS. 

NAS FOTOGRAFÍAS VESE CLARAMENTE A "AGRESIVIDADE" DA QUE FALA A FISCALÍA, PERO PARECE QUE ISTA É POR PARTE DA POLICÍA. 

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

6 comentarios:

ELENA CASAL MERA dijo...

PINTOS é noso!! Fora da cadéa!!

Catalina Vilches dijo...

Mi solidaridad con el compañero Pintos,que no se cometa una injusticia más en contra de su persona.Abrazos fraternos desde Chile.

Anónimo dijo...

O secretario comarcal da CIG e MANEL GRANDAL e non Pintos

Susete70 dijo...

Infórmate, saúde

Anónimo dijo...

E os Comites de Navantia e Poligal non teñen nada que dicir sobre o xuizo de Pintos?

Susete70 dijo...

Será porque o que se xulga son as supostas calumnias á actitude de Pintos. Os representantes dos comités terán que falar si son citados ben pola acusación ou a defensa. Espero que así sexa
saúde